Web hosting

domingo, 8 de septiembre de 2013

As Ruas (5ª parte): Praza S. Xose, Augusto Gonzalez Besada, Andres Muruais e Estrada de Vigo.

PRAZA DE S. XOSE
O primeiro contacto coa vila das xentes provenientes de Marín e do Morrazo esta¬ba na Praza de San Xosé. Alí, nun solar do antigo e rematado por almeas Pazo dos Montenegro —derrubado na súa práctica totalidade— edificou o emigrante Martínez Bautista con fortuna amasada en Nova York un ecléctico edificio que acollerá desde fins de século ao Café Moderno. Un salón de variedades decorado, no 1904, con murais de corte modernista polo pintor Monteserín.
 
Punto de reunión de ambientes pretendidamente distinguidos, con longas tertulias, xogos de mesa e proxeccións cinematográficas serviu tamén de taboado para canzonetistas ousadas e orquestinas introducto-ras dos ritmos do blues e do jazz. Fronte ao café situábase desde 1712 a desaparecida cápela barroca de San Xosé e o Hotel Méndez Núñez que, logo do seu peche, tomou funcións de central de autobuses de liña.


AUGUSTO GONZALEZ BESADA
Desde 1883 unha rede tranviaria comunicaba con Marín e un ano despois chegaba o primeiro tren á cidade poñendo en servicio a estación de ferrocaril. O tranvía e o tren quedaban unidos pola rúa que no 1903 o concello bautizou co nome do político e ministro pontevedrés Augusto González Besada.

 
Ante o pavillón de retretes da instalación ferroviaria e ocupado case na súa integridade a marxe contraria da rúa, unha mansión que erguera como vivenda o enxeñeiro Domerq destacaba pola súa altura, balconadas, galerías e mesmo polo seu coidado xardín adornado con palemiras e miradoiro. Na súaconstrucción utilizou como elemento decorativo un arco procedente da desaparecida Cápela dos Santos de Mollavao. Foi desmantelado o chalé, ante a indiferencia didadá e oficial no 1987.

ANDRES MURUAIS
Da praza da estación ata a Rúa da Peregrina trazouse en 1894 un novo vial que comunicaba directamente os viaxeiros que baixaban do ferrocarril co centro da vila e a estrada a Ourense.

  

Dedicado á figura do malogrado poeta Andrés Muruais, edificáronse nel os dous establecementos hosteleiros con máis porte e luxo da cidade. En feitura modernista o Palace Hotel e aberto desde 1904, con fachada ecléctica labrada en granito, o Hotel Engracia. Daban servicio con outras fondas e hostais, coma o Madrid e o Estrella, aos visitantes que se achegaban a Pontevedra. Surcada polo tranvía eléctrico a Lérez, destacaban na rúa os edificios do Sanatorio Poza e mesmo enfronte deste un de carácter puramente modernista —atentatoriamente destruido— noutro tempo sede da Compañía Anónima de Automóbiles, con linas de viaxeiros a Cambados, A Toxa, Lalín e A Lama.


ESTRADA DE VIGO
Batizada 1904, a Rúa Andrés Mellado conducía cara á nova estrada a Vigo. Ao comezo déla, o Garaxe Puig instalaba os primeiros surtidores de gasolina para dotar de combustible aos pioneiros no uso do automóbil.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario